Promovido pola Asociación DELOA e o GALP seo Fisterra ría de Muros-Noia chega o Festival Interritmos que desenrolará en Noia, Outes e Porto do Son do 2 ó 4 de setembro, e que achegará lecer, gastronomía, artes escénicas, cine, música, e cultura da man de emprendedores do sector cultural e creativo. O salón de plenos da casa consistorial de Outes acolleu a presentación deste evento.
O Festival Interritmos celébrase o 2 de setembro en Porto do son, cun estilo pop rock, o 3 de setembro en Noia, cunha aposta polas artes escénicas e o público infantil e o domingo en Outes, coincidindo coa festa da Vitalla, e ofrecendo música tradicional.
Os grupos que desexen participar deben inscribirse previamente, a partir do dia 1 de agosto poden subirse as maquetas o facebook interrias, eentre o 15 e o 26 de agosto realizarase unha votación pública, os 4 máis votados, estarán ante un xurado profesional en Porto do Son, o gañador gravará un disco.
Para participar na alborada de música tradicional os grupos poden inscribirse na páxina de facebook Interrítmos, o gañador do concurso podrá gravar un disco en estudios mans.
O concurso de pintura que se vai celebrar en Noia, no malecón de Gasset, as bases serán publicadas a próxima semana, hai tres premios en metálico e a obra gañadora quedará para a posteridade decorando un muro do malecón.
Kutxabank leva tres anos colaborando con Paideia e agora faino por vez primeira con Deloa, destacando o seu compromiso co eido social.