O Concello de Noia e o Sindicato Unificado de Policía deron un paso máis para poder ter na localidade noiesa unha unidade de Estranxeiría e Documentación. O alcalde do municipio, Santiago Freire, mantivo unha reunión co secretario xeral do SUP, Roberto González, e co secretario provincial, Abel Lobato, para avanzar cara este obxectivo.

