A finais de decembro o Concello da Pobra solicitou a Portos de Galicia a cesión do espazo de Portos de Galicia no que está situado o Club de Remo Pobra e a concesión da nave onde o equipo garda as embarcacións. Onte representantes do club, a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, mantiveron unha reunión onde se garantiu axilidade para regularizar o uso das instalacións por parte dos remeiros.

