19 noviembre, 2026
Image default

OS SERVIZOS DE RESCATE LOCALIZARON O CADÁVER DUNHA MULLER, PASAXEIRA DO AUTOBÚS QUE O SÁBADO Á NOITE CAEU AO RÍO LÉREZ.

O sábado pola noite viviuse unha nova traxedia na estrada. Pasaban das nove cando un autobús que cubría a liña regular entre Lugo e Vigo, no que viaxaban un grupo de persoas, precipitouse uns 30 metros antes de caer ao río Lérez á altura de Pedre, en Cerdedo-Cotobade. O servizo de rescate deu por rematada onte a busca de persoas ao rescatar a dous sobreviventes, o condutos e unha muller, e de atopar aos 6 falecidos, xa que se confirmara que eran 8 os ocupantes. Sen embargo as tarefas reiniciáronse esta mañá despois de que o fillo da supervivente alertara de que a súa nai viaxaba acompañada por unha familiar. E o servizo de rescate localizou o corpo sen vida da muller.

Related posts

ALLEGUE RECLAMOU AO GOBERNO CENTRAL A PARÁLISE DA SUBA DOS PREZOS DA AP-9 PARA O 2027

CloudyX

O PSDEG REIVINDICOU EN AMICOS O DEREITO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE A PARTICIPAR NA VIDA POLÍTICA

CloudyX

A GARDA CIVIL DESMANTELOU UN GRUPO ESPECIALIZADO EN ROUBOS CON FORZA E VIOLENCIA

CloudyX