27 mil usuarios que pasan a diario polas autoestradas de titularidade autonómica no pagarán máis pola peaxe no próximo ano. Así o confirmou o presidente galego, Alfonso Rueda esta mañá no Consello da Xunta.
Así conxélanse as tarifas da AG-55 entre Coruña e Carballo e a AG-57 de Val Miñor. E continúan vixentes os descontos aprobados no 2021.

