Hoxe tivo lugar a Comisión sectorial do cerco do Consello Galego de Pesca, onde se analizou o resultado das negociacións dos TAC e cotas para o 2023. Na xuntanza, á que acudiu a conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o presidente das confrarías galegas, José Antonio Pérez, ademais de diferentes representantes da flota do cerco, constatouse a necesidade de que España adopte medidas para garantir a viabilidade do sector ante o recorte do xurelo no Cantábrico.

