O tribunal xa ten veredicto para “O Chicle”: 14 anos por violar a súa ex cuñada en xaneiro do 2005, cando a vítima tiña 17 anos. A Audiencia Provincial da Coruña tamén impuxo a prohibición de comunicarse coa vítima e acercase a ela durante de 22 años así como o pago dunha indemnización de 30 mil euros.
Os maxistrados consideran probado que o acusado tras telefonar en súas ocasións á vítima á primeira hora da mañá do 17 de xaneiro de 2005 con vistas a devolverlle un diñeiro ao seu pai, presentouse diante da súa casa e convenceuna para que subira ao seu coche.
Tras entrar a menor ao vehículo Abuín, segundo a sentencia, conduciu a gran velocidade ata o parque San Mamede en Lousame. Neste senso, os xuízos subliñan que ese lugar é moi pouco frecuentado a esa hora nun día como o dos feitos. Unha vez alí o condenado “sacou un coitelo grande e o exhibiu a vítima ao tempo que o pasaba a modo de advertencia. Os maxistrados relatan que coa arma branca sempre na man díxolle que lle realizara unha felación. Feito ao que a menor negouse. Foi entón cando segundo o relato dos feitos probados en sentencia, obrigoulle a que se denudara e se puxera un camisón e co coitelo na man acabou por violala. Mais tarde, Abuín ameazou a rapaza con que se contaba algo mataría a súa familia amais de matarse el mesmo.
E ante a versión do acusado, os xuíces sinalan que non ten capacidade para suscitar dúbidas razoables que impedirían ter por acreditada a versión da acusación.. Así, a sentencia no é firme, pois contra ela cabe presentar recurso.
A Audiencia explica que os elementos de proba fundamentais son: a declaración da vítima, a testemuña da amiga a que lle contou o acontecido ese mesmo día e a declaración dos axentes que realizaron no 2005, acompañados pola denunciante e pola súa nai.
O Chile está a cumprir prisión permanente revisable por violar e asasinar a Diana Quer, ademais foi condenado a cinco anos por secuestrar e intentar violar a outra moza de Boiro e a outros dous anos e medio de prisión por tráfico de drogas.

