O Goberno galego está a realizar accións para mellorar a coordinación sociosanitaria dos centros así como reformar as instalacións para facelas máis confortables e accesibles. Precisamente a Xunta destina 4 millóns de euros para reformar o centro de maiores de Campolongo en Pontevedra e convertelo nunha residencia de referencia.

