Entre 3000 e 4000 familias con renda baixa poderán beneficiarse das axudas ao pago de alugamento da Xunta de Galicia. Así o afirmou esta mañá o presidente galego, engadindo que cubrirán o 50% do alugamento e está limitada a 600 euros nas cidades, a 500 nos municipios de áreas metropolitanas e a 400 euros en vivendas emprazadas no rural.

