16 noviembre, 2026

O Confurco acollerá a finais de ano un monumento en memoria das vítimas da ditadura franquista en Lousame

A Comisión pola Recuperacion da Memoria Histórica do Barbanza (CRMHB), en colaboración co Concello de Lousame, vai instalar antes de que finalice este ano un monumento en recordo e recoñecemento ás vítimas da ditadura franquista no lugar do Confurco, xusto a carón da pista polideportiva municipal. Así llo confirmou esta mañá o presidente da CRMHB, Andrés Lijó, á alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, durante un acto reivindicativo celebrado no Confuco co gallo do 80 aniversario do golpe de Estado franquista.
Un acto no que ambos estiveron acompañados polos voceiros dos grupos municipais do PSOE, Julio Paradela; e BNG, Amador Turnes; así como por Ana Souto, Nela Abella e Xoán Hermida, membros da CRMHB; o historiador Xerardo Agrafoxo e o presidente da Asociación Cultural Terra de Outes, Xoán Mariño.
O tesoureiro da CRMHB, Xoán Hermida, explicou que a Comisión vai abrir de inmediato un concurso de ideas entre os escultores da comarca para a construción do monumento de recordo e reivindicación ás vítimas da ditadura franquista. A idea é que no próximo mes de setembro se presenten as propostas e mesmo organizar unha nova visita ao lugar para que os artistas expliquen in situ o seu proxecto. De acordo con estas previsións, o monumento podería instalarse antes de que finalice o 2016.

Related posts

A XUNTA DE GALICIA AVANZA NA CREACIÓN DE 300 PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS EN OUTES, PORTO DO SON E RIBEIRA

CloudyX

A DEVOCIÓN E A TRADICIÓN PUIDERON HOXE CO MAL TEMPO EN OUTES

CloudyX

E A DIFERENCIA QUE EN OUTES, EN LOUSAME A METEOROLOXÍA SI FIXO MELLA NA CELEBRACIÓN DO SAN ROQUIÑO DE TÁLLARA

CloudyX