Dende teatro e accións formativas ata exposicións, obradoiros e faladoiros, a Pobra do Caramiñal presenta unha programación variada para conmemorar este 25N, Día Internacional da Eliminación Contra a Violencia á Muller, pondo o foco na importancia da educación en igualdade como base da prevención e erradicación da violencia de xénero.

