Serán cinco os proxectos de obras na que o Concello de Lousame investirá case 600 mil euros. No último pleno, o concello aprobou a proposta de solicitar ao Goberno 237 mil euros ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50 mil habitantes, e convocado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.

