31 locais participan mañá no Sábado negro da Asociación Noia Histórica , na que colabora o concello noiés. Unha proposta que cumpre 12 anos e naceu como incentivo para apoiar ao comercio local, moitos antres que o Black Friday.
Os establecementos participantes, que venden produtos variados dende roupa ata xoias, ofrecerán un desconto 20%. Ademais, as persoas que merquen en Noia poderán usar a amiores o Bono Activa Comercio da Xunta.

