19 noviembre, 2026
Image default

O CONCELLO DE MUROS MOSTRA O SEU DESCONCERTO ANTE A LEI DE COSTAS DO GOBERNO CENTRAL E QUE AFECTA TAMÉN Á VECIÑANZA

Este verán no Congreso dos deputados aprobouse un real decreto que modificaba a Lei de Costas. Supón que as costas galegas pasan a ter dominio público marítimo-terrestre e non se pode levar a cabo ningún tipo de actividade.

As concesións pasaron dun máximo de 75 anos ata os 30, coa ultima modificación. O que se resumen en que moitas empresa, como as conserveiras, terán que irse. Neste eido, hai xa 18 empresas galegas que pediron prórroga nas súas concesións dende 2018, sen ter recibido resposta. Co actual regulamento, estes permisos, xa non se poden conceder.

Unha problemática afecta aos concellos da comarca, como o de Muros, que non sabe como proceder, e que afecta á veciñanza cuxas propiedades foron incluídas dentro do dominio público, sen ningunha notificación previa do Estado.

Related posts

O CAMIÑO DA RÍA DE MUROS-NOIA CONVÉRTESE EN DIFERENCIAL PARA A VÍA QUERINISSIMA

CloudyX

O BNG DE MUROS-NOIA PRESENTA EMENDAS POR MÁIS DE 12 MILLÓNS DE EUROS PARA ATENDER AS NECESIDADES DA COMARCA

CloudyX

MARÍA LAGO CARGA CONTRA OS ORZAMENTOS DA XUNTA

CloudyX