4 obras teatrais protagonizarán os domingos do mes de novembro no Elma. A Pobra do Caramiñal presenta unha proposta cultural variada, para todos os públicos e de balde. As funcións serán ás 19 horas. A entrada é libre ata completar o aforo.
Un programa que conta coa colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e unha aposta polas artes escénicas, debido á boa acollida nas edicións anteriores.

