Faltan apenas seis meses para acudir de novo ás furnas e elixir de novo os Gobernos locais. Neste tempo que vai de lexislatura os rexedores xa comezan a facer balance do realizado nestes tres anos e medio. No caso de Noia, o alcalde, Santiago Freire, destacou varias obras entre todas as que se desenvolveron, unha delas foi a ampliación da lonxa de Testal.

