Deportes

O BARBANZA RUGBY E O ZALAETA MEDIRANSE NA SEGUNDA XORNADA DA COMPETICIÓN.


O rugby tamén estará presente nesta fin de semana deportiva na comarca. O Barbanza Rugby xogará o seu partido correspondente á segunda xornada da Segunda División da Liga Galega Senior, no que se enfrontará ao Zalaeta.

Os barbanzáns venceron na súa estrea na competición ao Santiago. Foi un partido marcado pola chuvia e o acerto ofensivo dos locais, que comezaron a súa andaina mo campo de Santa Lucía de Asados. O marcador final reflectiu un 29-3 a favor do Barbanza Rugby o que supuxo a primeira vitoria para o equipo. Nesta ocasión terán en fronte ao Zalaeta, que perdeu por 25-32 na súa estrea contra o Fendetestas.

Este segundo partido da tempada disputarase mañá en Acea da Má a partir das 16.00 horas, encontro no que tamén se prevé que non falte a choiva.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.