14 C
Chicago
22 septiembre, 2026
Image default

A ALERTA LARANXA OBRIGA A ADIAR A ÚLTIMA PROBA DA REGATA ALCA, ORGANIZADA POLO CLUB NÁUTICO AROUSA NORTE

Estaba todo preparado para que a ría de Arousa vivira mañá a derradeira proba da Regata Alca, pero o aviso de nivel laranxa por vento na costa obrigou ao Náutico Arousa Norte a aprazar esta última etapa da IV edición da Regata Alca.

Por iso as embarcacións que participan na proba daranse cita o vindeiro 3 de decembro para coñecer por fin quen se fai co triunfo nas distintas categorías. Está todo por decidir e pode pasar calquera cousa na derradeira proba. O Chispetrén afrontará a etapa liderando a clase Regata, seguido do Ziralla e do Corsario. Na categoría Cuceiro-regata partirá en cabeza o Fixius, que na clasificación está por diante do Camping ria de Arosa e do Piko Norte. E en cruceiro o Orlando afrontará a última proba no máis alto da clasificación, segundo está o Galopín e terceiro o Thor II.

Related posts

O PORTUS APOSTOLI NON PUIDO CO JAÉN E PERDEU NO OLIVO POR 6-3

CloudyX

O CD BOIRO SUMOU ESTA FIN DE SEMANA UNHA IMPORTANTE VITORIA A DOMICILIO TRAS IMPOÑERSE AO SILVA SD NO CAMPO DA GRELA.

CloudyX

O CLUB DE REMO CABO DE CRUZ PECHOU ESTA FIN DE SEMANA A TEMPADA COA DISPUTA DA XORNADA FINAL DO PLAYOFF DE ASCENSO Á LIGA ACT.

CloudyX