A sardiña é unha das especies máis importantes que captura o cerco galego. Logo de varios anos no que a súa pesca se xestionou cun Plan de Recuperación entre Portugal e España, o recurso volve a abundar no mar galego. Este ano, a captura desta especie foi clave para a flota cerqueira.

