A Pobra do Caramiñal contará cunha nova proposta de ocio, nesta ocasión para os máis novos. A iniciativa coñecida como a Pobra Moza! inclúe polo momento catro actividades que se desenvolverán en outubro e novembro. Con ela pretenden achegarse á xente moza, onde a diversidade de gustos e afeccións está moi presente.

