O CEP Pilar Maestú Sierra foi o escenario escollido para dar a coñecer un novo proxecto no que colaboran os colexios e o Concello da Pobra. Representantes da Concellaría de Servizos Sociais e os centros educativos do municipio mantiveron unha serie de reunións nas que se compartiron os problemas aos que se afectan os alumnos. AÍ xurdiu unha necesidade á que o concello quere dar resposta coa posta en marcha do programa Espazos en Centros Educativos.

