A hostalaría de Noia en vilo pola onda de roubos nos últimos meses. Diñeiro, caixas rexistradoras, desfeitas… os propietarios de bares e restaurantes viven con medo non poder abrir o seu local polos roubos que ese están a acometer.
Nótase a preocupación entre os comerciantes que demandan unha maior protección policial para resolver este problema. Así dende a Asociación Empresarial Hostalaria.gal xa denunciaron os feitos, pedindo tanto ás autoridades municipais como aos responsables das forzas municipais que busquen unha solución inmediata.
O alcalde de Noia, Santiago Freire xa se reuniu tanto cos comerciantes como coa policía para reforzar a vixilancia sobre todo en horario nocturno, cando se acometen os delitos.

