Era unha petición recorrente dos veciños da zona da Barquiña ao Goberno local e agora a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou a darlle forma. Acaban de iniciarse os traballos de construción da nova rotonda que regulará o tráfico no cruce da Barquiña coa estrada DP-5704.

