O Goberno central presentou o seu proxecto do orzamento no que se contempla unha maior inversión para Galicia. Esta mañá o secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, afirmou que a comunidade recibirá un 24,5% máis de investimento, acadando a maior achega da historia.
