A Garda Civil do Barbanza volve xuntarse logo dos anos de pandemia, nun acto de encontro coa poboación para festexar o Día da Virxe do Pilar.
As Igrexas de Santa Uxía de Ribeira, Santa Baia de Boiro, San Francisco de Noia, San Vicente de Noal e San Pedro de Muros foron a sede desta celebración, este 12 de outubro.
Os gardas destinados en Boiro e A Pobra celebraron a festa patronal de forma conxunta na parroquia boirense, rodeados de autoridades municipais e forzas políticas.
Ao remate da eucaristía, tivo lugar a entrega de recoñecementos, onde homenaxearon ao garda na reserva, José Andrés Suárez, a Ana Gil, Carlos Tomero, Manuel Sanlés e mais ao Concello de Boiro. Tamén recibiu a cruz ao mérito da orde da Garda Civil, Emilio de La Iglesia, polo seu servizo. E mención especial ao policía local de Boiro, José Manuel Sánchez que se xubilou ese mesmo día.
Durante a celebración o subtenente José Antonio Fernández, segundo xefe do cuartel de Boiro, destacou o apoio que recibe dos demais corpos de seguridade, o que se demostra polo baixo índice de delincuencia. Así mesmo, lembrou o gran incendio no Barbanza e a loita contra a droga, sucesos de gran repercusión na comarca.
