Preto dunha trintena de cadros que mesturan a realidade coa fantasía estará aberta ao público este outubro, na casa da cultura Raquel Fernández Soler.
Abstracción vs. Figuración de Xoán Fernández está conformada por cadros onde combina ás visitas en realidades paralelas, no tanxible co simbólico. Predomina a técnica mixta no eido abstracto e o óleo e o grafito no figurativo.
O acto inaugural que tivo lugar o venres pasado contou coa concelleira de Cultura, Patricia Lojo, o artista e a neta do pintor. A cita foi amenizado pola Escola de Música da Pobra e conducido por Xosé Antonio Ventoso.
