Satisfacción no Concello de Noia cos bos datos de turismo, o que semellan unha recuperación con respecto aos anos anteriores. Preto de 7 mil persoas pasaron pola Oficina de Turismo na vila o entre xuño e setembro. Veñen de varias zonas de España como Madrid ou Andalucía, pero tamén destaca o turista internacional, que creceu este 2022, e veñen de Francia, Alemaña, Reino Unido e Portugal.
