O verán xa quedou atrás e agora comeza a facerse balance deste período que atrae a tantos visitantes a comarca. O Concello da Pobra do Caramiñal presentou esta mañá os datos relativos aos meses estivais nos que non faltaron actividades de dinamización turísticas e económicas.
