Congalsa terá un espazo expositor propio en Conxemar, a feira de referencia de produtos do mar conxelados que se celebrará en Vigo entre o 4 e o 6 de outubro. Nesta ocasión, Congalsa desembarca en Conxemar coa intención de dar a coñecer unha das súas gamas de produto menos coñecidas: a variedade de masas recheas.
