O Bloque Nacionalista Galego presentou na estación de autobuses de Noia unha serie de iniciativas centrada nos problemas rexistrados no transporte publico por estrada en Galicia e na comarca. O responsable de transporte do BNG no Parlamento, Paulo Ríos, considera ese servizo un caos e destaca a falta de planificación por parte da Xunta.
