Esta mañá tivo lugar unha nova reunión do Consello da Xunta, onde se adoptaron diversos acordos. Un foi aprobación dunha orde para crear en colaboración cos concellos máis de 3.400 novas prazas en escolas infantís, un 11 % máis das que existen actualmente. Destinaranse 34,8 millóns de euros nesta medida que procura impulsar o número de prazas no primeiro ciclo de educación infantil.
