Setembro chegou co inicio do novo curso político, e con el a primeira sesión plenaria no Parlamento galego tras o paro realizado no verán. Na quenda de preguntas ao presidente da Xunta, os grupos da oposición fixeron fincapé en tres cuestións: o sistema educativo galego, o aumento dos prezos e a situación en atención primaria. O portavoz dos socialistas fixo mención as ultimas declaracións do conselleiro de educación e expuxo 10 debilidades do sistema de educación galego, onde recolleu a alta taxa de abandono escolar ou o descenso do gasto publico en educación.
