O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe a construción dun dos treitos da nova vía de altas prestacións que une Tui-A Guarda entre o Polígono empresarial de Areas e a autoestrada A-55. O titular do Goberno galego avanzou que esta actuación porase en marcha a mediados do 2023 e na súa execución investiranse 21 millóns de euros.
