A música de Arrancadeira puxo a banda sonora a unha nova presentación na casa da cultura Raquel Fernández Soler. As 45 obras das artistas Asun Rodríguez ‘Marod’ e Cris Corral, agrupadas na mostra “Encontros”, enchen as paredes do lugar nas que amosan unha temática diversa na que predomina a natureza.
