A casa do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu esta mañá a reunión da xunta de seguridade local. O primeiro acordo en darse foi un paso fundamental para a loita contra a violencia de xénero. A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, e o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina, asinaron o protocolo de adhesión ao sistema Vioxen de protección de mulleres vítimas de violencia de xénero.
