Xa se está a converter nunha das accións solidarias que preceden ao inicio do curso escolar na Pobra. Un ano máis as Novas Xeracións do PP pobrense están a facer acopio de todo tipo de material escolar para facer máis doada a volta ao cole ás familias que o precisen.
