O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, visitou hoxe o renovado albergue de peregrinos da localidade luguesa de Palas de Rei, situado no trazado do Camiño Francés. Nese escenario, o presidente da Xunta destacou o récord de viaxeiros rexistrado en Galicia en xullo e a previsión de agosto deixará cifras históricas para o turismo galego, o que confirma a recuperación do sector.
