A pasada semana o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, e a concelleira de Igualdade, Charo Varela, anunciaron a colocación dunha escultura en homenaxe a tódalas vítimas de violencia machista. Tras este anuncio, o portavoz do PP municipal, Manuel Durán, definiu a actuación do Goberno local como insensible e afirmou que é xusto que se faga un recoñecemento ás vítimas de violencia de xénero.
