19 noviembre, 2026

AS FEIRAS DO LIBRO PECHAN A EDICIÓN 2022 CUN INCREMENTO NO NÚMERO DE VENDAS E PARTICIPANTES.

O circuíto das Feiras do Libro impulsado pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia experimentou este ano un incremento tanto nas vendas como no número de librarías participantes nos eventos. Así o destacou hoxe o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, durante a inauguración da Feira do Libro de Monforte de Lemos, a última do calendario de 2022.
No transcurso do acto celebrado na rúa do Cardeal, onde as casetas permanecerán ata o sábado 27, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades explicou que as citas deste ano involucraron a un total de 90 librarías, o que supón un incremento do 26% en relación ao pasado ano.
En total, o circuíto de Feiras do Libro está composto por 13 paradas, entre as que se atopa a de Rianxo, que tivo lugar desde o 22 ata o 25 de xullo e que inclúen preto de 900 actividades como sinaturas de libros, actividades infantís e presentacións, entre outras, que tiveron lugar nas máis de 130 casetas instaladas nas rúas de diferentes puntos de Galicia. No caso de Monforte de Lemos o programa de actividades comeza hoxe con Moncha Prieto como pregoeira e chegará ata o sábado 27 cunha trintena de iniciativas e a participación das librarías Agrasar, Cortizas e da Proencia.

Related posts

AS POLÍTICAS DE IGUALDADE CENTRARON O DEBATE NA SESIÓN DE CONTROL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CloudyX

O PARLAMENTO DE GALICIA APROBOU A LEI DE EDUCACIÓN DIXITAL DE GALICIA

CloudyX

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO DEFENDEU EN SANTIAGO A SÚA PROPOSTA PARA PRESIDIR ESPAÑA

CloudyX