No día de onte comezaron as recoñecidas festas en honor a San Bartolomeu no municipio de Noia coa tirada de bombas de palenque, e con outras actividades antes do pregón a cargo de Cáritas e Cruz Vermella. A programación continúa hoxe, cando a partir das 11 da noite, os asistentes poidan disfrutar do concerto de Nacha Pop. Antes, xa comezou a verbena a cargo do grupo Claxon e a orquestra New York. As celebracións prolongaranse ata o domingo. No día de mañá Luar na Lubre será o cocnerto máis destacado. Xa na xornada do venres, a orquestra Olympus e Marlon, poñerán a música nunha noite que se agarda memorable. O sábado 27, ademais da celebración do Día da Bicicleta, levaranse a cabo os concertos de Gisela Disney Kids, Ana Guerra, Dasoul e rematarase cunha sesión DJ na Alameda. Para pechar as festas, o domingo realizarase a Festa da Empanada, un concerto de Sés e Tito Rober e á medianoute a gran sesión de fogos de artificio para poñer o broche final ás Festas de San Bartolomeu de Noia 2022.
