O pasado marzo de 2022, como consecuencia da incerteza provocada pola guerra no leste de Europa, que nese momento apenas comezara, o Goberno deseñou un Plan Nacional de Resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína. Búscase con iso reducir o impacto do conflito na economía española, protexendo o emprego dos diversos sectores implicados.
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) ten unha serie de axudas previstas para o sector primario, das que 50 millóns de euros irán destinados a pesca e acuicultura. Pesca ten asignados 29,7 millóns de euros.
