A conselleira do Mar, Rosa Quintana, deu conta antes de embarcar na patrulleira “Punta da Guía”, con base en Vigo, das accións desenvolvidas polo Servizo de Gardacostas de Galicia no primeiro semestre do ano. A titular do departamento puxo en valor o esforzo de Gardacostas e do sector marítimo-pesqueiro a prol dunha xestión máis responsable dos recursos mariños e dun mar máis sustentable. Un labor, sinalou, que se reflicte nos resultados dos controis realizados polos gardacostas entre xaneiro e xuño deste ano, que se traduce nun lixeiro incremento das inspeccións e nunha redución das infraccións en relación ao mesmo período de 2021.
