Outes

Botadura de dúas embarcacións na VI muiñada de Outes

Dende o venres e ata o domingo Outes celebrou a VI Muiñada, organizada pola Asociación Terra de Outes. O Centro Náutico Municipal de O Freixo acolleu as xornadas de exaltación do patrimonio cultural que nesta ocasión xiraron en torno á botadura de dúas embarcacións tradicionais doadas pola Consellería do Medio Rural e do Mar , o acto celebrouse onte no porto do Freixo e contou coa asistencia do alcalde de Outes e a directora xeral de pesca.
centos de persoas participaron das xornadas o longo destes tres días nos que, entre outras cousas, se proxectou o documental sobre o encontro de embarcacións tradicionais de O Freixo-Outes celebrado o pasado ano, cun gran éxito de participación.
charlas e conferencias arredor do mundo do mar, os asteleiros e as embarcacións tradicionais completaron o programa desta sexta muiñada.
Cabe destacar tamen o acto de homenaxe ao mariñeiro Manuel Mtnez. Otero, morto no Desembarco de Normandía e celebrado cemiterio de Sabardes,

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.