O Concello de Noia segue a impulsar novas melloras no ámbito da educación. Neste caso o Colexio Felipe de Castro será obxecto da creación dunha nova multipista deportiva. As instalacións atópanse en proceso de licitación e suporá un investimento de 101 mil euros, froito da colaboración entre o goberno local e a consellería de Educación.
