A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, recibiu esta mañá ao novo inspector xefe da Unidade de Policía Autonómica (UPA) da Coruña, Alejandro Maceiras Bastida. Na reunión, que tivo lugar na sede da Subdelegación, tamén estivo presente o comisario xefe da Policía Autonómica, Jorge Rubal.
Rivas brindou a súa máxima colaboración ao novo inspector xefe no desempeño do seu labor na provincia e destacou a súa dilatata experiencia profesional.
Durante a súa carreira, Maceiras foi acredor de 57 recoñecementos profesionais por parte da Dirección Xeral da Policía, sendo condecorado coa cruz ao mérito policial con distintivo branco e a medalla do recoñecemento profesional ao cumprimento dos seus 20 anos de carreira policial.
