Un dos edificios máis coñecidos da zona antiga de Noia será renovado. Está previsto que os xulgados do municipio sexan rehabilitados, actuación na que tamén se porá o foco na mellora de eficiencia enerxética. O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou esta mañá as instalacións onde afirmou que con estas obras se busca garantir a prestación dos servizos do xulgado nas mellores condicións.
