19 noviembre, 2026

O PRESIDENTE DA XUNTA ENXALZOU O COMPROMISO DA EMPRESA UROVESA COA FORMACIÓN PROFESIONAL ORIENTADA, NESTE CASO, AO EMPREGO CUALIFICADO E DE CALIDADE

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha reunión con directivos de Urovesa, empresa dedicada a vehículos especiais. Rueda trasladoulles a intención de colaborar co proxecto de Formación, Emprego e I+D+i que están a deseñar para o sector da automoción. En concreto, Urovesa pediu a colaboración da Xunta para facilitarlle a procura de persoal cualificado ante a súa previsión de contratar a máis dun cento de persoas na área de mecánica, electricidade e pintura do automóbil. O presidente da Xunta quixo enxalzar o compromiso da firma coa Formación Profesional orientado ao emprego cualificado e de calidade.

Related posts

AS POLÍTICAS DE IGUALDADE CENTRARON O DEBATE NA SESIÓN DE CONTROL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CloudyX

O PARLAMENTO DE GALICIA APROBOU A LEI DE EDUCACIÓN DIXITAL DE GALICIA

CloudyX

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO DEFENDEU EN SANTIAGO A SÚA PROPOSTA PARA PRESIDIR ESPAÑA

CloudyX