Outes

Os bolechas chegan a Noia e Outes

A primeira das actuacións de ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’ terá lugar este sábado, día 2 de xullo, na vila de Noia. O espazo que lle dará acubillo ao espectáculo infantil será o Teatro Coliseo Noela (ás 21:00 horas). Ese mesmo día, unha hora antes da función, poderán retirarse os convites gratuítos no propio teatro, ata un máximo de catro pases por persoa.

O espectáculo ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’ está pensado para gozar en familia e parte dun tema que está de moita actualidade. Os seis famosos irmáns requirirán a axuda dos rapaces e rapazas asistentes para superaren unha serie de probas e deste xeito venceren o seu antagonista Romualdo. Se, co apoio do público, o conseguen, terán garantido o seu pase para as Olimpíadas de Río 2016.

Na vindeira fin de semana, a segunda do mes de xullo, o ‘Falaredes’ achegará Os Bolechas ata os concellos de Monterroso e Outes. O domingo, día 10 de xullo, ‘Os Bolechas van ás Olimpíadas’ estará en Outes na Casa da Cultura, ás 19:00 horas).

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.