A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou hoxe unha batea na ría de Vigo, unha das beneficiarias da axudas que outorga a Administración galega para que o sector acuícola fomente unha actividade sustentable. Neste senso, Quintana destacou que máis do 80% das subvencións aprobadas para impulsar investimentos sustentables na acuicultura foron para o sector bateeiro.
