A costa coruñesa do Barbanza e da Ría de Muros Noia volve presentar unha calidade «excelente» das súas augas para o baño, segundo o informe para a tempada 2022 que se publicou e que realiza cada ano a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Sanidade. Así, a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, aproveitou para destacar o bo estado das praias.
